Saturday 04 de May de 2024

O sábado celébrase na Lagoa de Mera o Festival de Bandas de Música de Oleiros


O Festival de Bandas de Música de Oleiros celebrará a súa XIV edición o vindeiro sábado 29 de abril ás 18:00 horas, no parque da Lagoa de Mera. A agrupación convidada este ano é a Banda O Landro de Viveiro, dirixida por Carlos Timiraos, que compartirá escenario coa Banda de Oleiros.

As persoas asistentes poderán gozar dun grande evento musical que conta coa participación de dúas formacións bandísticas de contrastado nivel. A banda da Escola Municipal de Música de Oleiros está dirixida por Nilo García.